A conserveira Dardo celebra os 50 anos cunha nova marca en homenaxe ás súas traballadoras

VILANOVA> A conserveira Dardo de Vilanova celebrou hoxe o seu cincuenta aniversario. Ao acto acudiu a conselleira do mar así como os representantes do goberno local. A empresa festexa a medio século sacando ao mercando unha nova marca en homenaxe ás mulleres que traballaron no sector do mar.

A empresa conserveira Dardo cumpre cincuenta anos. Medio século dedicado ao sector do mar no ámbito das conservas. Para celebralo a conselleira e a directora xeral do mar así como membros do goberno de Vilanova achegáronse ás instalacións da firma en Caleiro. Rosa Quintana felicitou á compañía e a sinalou como un exemplo de combinación entre tradición e innovación.

A conselleira tamén destacou o carácter familiar da empresa. Cincuenta anos despois de iniciar a actividade ás instalacións seguen en Vilanova con traballadores da zona.

Dardo é unha empresa familiar que foi pasando de xeración en xeración. Na actualidade conta con 100 traballadores. A compañía mira ao futuro coa idea de continuar traballando coa xente da zona e levando o nome de Galicia por todo o mundo.

Para celebrar estes 50 anos a empresa tamén lanza unha nova marca: O legado de Lola. Unha homenaxe a todas as mulleres que traballaron no sector do mar.

O aniversario non o celebraron só os políticos e a xerencia da empresa. As traballadoras tamén puideron gozar do festexo. O que demostra a proximidade e importancia para Dardo das súas traballadoras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí