Comezan as obras de construción dunha rotonda no cruce do Sixto

    visita_obras_rotondacopy.jpgVILANOVA> Esta mañá, o alcalde xunto ó edil de Baión supervisaron as obras que está previsto rematen en dous meses.

    {flowplayer}images/salnes/ROTONDA_TRAVESAS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, xunto ó concelleiro de Baión, Miguel Ángel Vázquez supervisaron estas obras de construción dunha rotonda na intersección entre a EP 9701 e a PO 301, ou o que é o mesmo a estrada Vilanova- Baión coa vía Ponte Arnelas- Vilagarcía. Con isto dáse continuidade ás obras de mellora que xa se iniciaran na estrada de Baión.

    Isto foi posible grazas a un convenio asinado entre Xunta e Deputación co que se pretende mellorar a seguridade viaria deste punto e evitar, na medida do posible, os accidentes de tráfico.

    A obra que esta previsto remate en un ou dous meses conta cun orzamento de douscentos vinte mil euros. Ó mesmo tempo, continúan as obras de mellora da estrada de Baión.

    Redacción Salnés