VILAGARCÍA> As restricións de mobilidade e o peche da hostalería afecta as vendas nas prazas. Os mercados máis grandes notan a falta de clientes que optan polas pequenas prazas. Pero se hai un produto que cobra máis protagonismo no día de hoxe, son as uvas.
Sensacións contraditorias nas prazas de abastos. Algúns mercados como o de Vilagarcía ou de Cambados notan a falta de clientes doutros municipios, mentres que os máis pequenos vense favorecidos. Os prezos do marisco tamén afectan ás vendas, especialmente á ameixa polo seu alto custo.
O peche da hostalería tamén afecta á venda de pescado e marisco. Aqueles postos que vendían aos restaurantes vense máis afectados, o resto notan un incremento.
As nécoras, os camaróns e as vieiras son os mariscos máis demandados destas datas.
Pero si hai un produto nos mercados que cobra maior protagonismo no final de ano, son as uvas.
E unha vez comidas as uvas, tampouco faltan os desexos de ano novo.
A fin da pandemia é o desexo común entre toda a veciñanza. As vacinas comezan a aportar algo de luz, pero é importante manter as medidas sanitarias durante estas datas para evitar que aumenten os contaxios.