O PSOE de Ribeira propón un plan de dinamización comercial trala crise

RIBEIRA> O PSOE de Ribeira vén de propoñer un Plan de Dinamización Comercial para recuperar a actividade no sector unha vez superada  a crise sanitaria. Piden ó goberno local que estableza as medidas de acción en consenso cos sectores afectados.

Os socialistas de Ribeira plantexan ó goberno o deseño dun plan, en colaboración con tódolos axentes implicados, para a recuperación do tecido comercial cando remate o estado de alarma. Propoñen, entre outras medidas, a posta en marcha de accións de dinamización tanto no comercio como na hostalería que incentiven a actividade nestes dous sectores. Un exemplo sería un sistema de reparto a domicilio dirixido especialmente ós colectivos e familias máis vulnerable.

Ante a crise económica que se aveciña, os socialistas propoñen outras medidas de maior calada como o cambio de emprazamento do mercado ambulante que implicaría un importante aforro ó non ter que aboar as taxas a Portos pola ocupación do dominio portuario.

Propoñen a creación dunha oficina municipal para asesoramento e xestión dos distintos procedementos derivados da crise  como tramitación de ERTES ou solicitude de axudas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí