Revisar a biodiversidade e a vexetación do chan é a mellor maneira de coñecer o estado dos viñedos

CAMBADOS> Co fin da vendima, os traballos no viñedos céntranse no coidado do chan. A propia vexetación e a biodiversidade do chan permiten aos viticultores coñecer as necesidades dos seus viñedos. As actuacións nesta época son fundamentais para evitar problemas nas plantas e axudar a mellorar a produción.

Unha vez rematada a vendima é momento para que os viticultores deixen de mirar cara arriba e miren cara, ao chan. Xa que esta época é fundamental para corrixir problemas nos viñedos e mellorar a súa produción. Unha boa toma de contacto para coñecer o estado do chan é simplemente comprobar a súa vexetación e biodiversidade.

A microbioloxía e a vexetación son indicadores do estado do chan. Unha chan san reflexarase posteriormente na produción da uva.

Outra maneira de favorecer a produción dos viñedos é realizando unha poda nas súas raíces.

A importancia de facer as revisións nesta época é que o chan atópase nun momento óptimo para coñecer o seu estado, xa que non está nin húmido nin seco. Os técnicos aconsellan aos viticultores que visiten a viña a con frecuencia e que observen o chan para coñecer as súas necesidades.