Medio Rural presenta a nova lei de recuperación da terra agraria ante viticultores do Salnés

CAMBADOS> A Xunta explica ós viticultores, gandeiros e agricultores da zona do Salnés a futura lei de recuperación e posta en valor da terra agraria. O Conselleiro do Medio Rural mantivo unha xuntanza con traballadores do sector para dar conta das novidades da nova norma. José González salientou que o gran obxectivo do texto é frea-lo abandono e fomenta-la mobilización de terras sen uso.

Xuntanza do Conselleiro do Medio Rural en Cambados con xuntanza con viticultores, gandeiros, e agricultores da zona do Salnés para explicarlles o contido e alcance da futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia.

A norma, que en breve iniciará a súa tramitación parlamentaria, busca frea-lo abandono do rural, poñendo en valor a terra en desuso.

A futura norma sirve de complemento de instrumentos que xa están en vigor. Di o Conselleiro que a lei quere ir paso máis alá para o futuro aproveitamento da terra sen usos.

O conselleiro destacou unha das figuras que creará a lei, como é o Banco de Explotacións. Este será un instrumento público de mediación que terá por finalidade facilitar a posta en contacto entre titulares de explotacións queabandonan a actividade e persoas interesadas na súa incorporación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí