Os furancheiros do Salnés dan por boa a futura normativa da Xunta

    O SALNÉS> Os furancheiros do Salnés dan por boa a nova normativa que pretende aprobar a Xunta de Galicia. Á falla dos últimos escollos…

    {flowplayer}images/salnes/reaccions_normativa_furanchos.flv{/flowplayer}

    … na negociación entre os sectores implicados e o executivo autonómico, os viticultores do Salnés aplauden esta nova lei que lles permitirá vender o excedente de colleitas tan abondosas coma a deste ano, acompañadas por un número reducido de tapas en quente, consensuadas cos hostaleiros da comarca.

    Esta norma está pendentes dos últimos apuntamentos por parte dos propietarios dos loureiros, como a de solicitar que o permiso de apertura, máis aló de decembro se estenda, alomenos a dous meses de verán, posto que estes locais enxebres constitúen un atractivo turístico máis.

    Pola súa banda, os hostaleiros da contorna, como pode ser AHITUVI, ven ben a creación dunha nova normativa que cubra os ocos que non foi quen de abranguer. Neste anteproxecto recóllese que serán os axentes de seguridade locais os encargados de vixiar que se cumpra a nova norma; unha misión para a que as partes implicadas non cren que haxa efectivos dabondo para exercer o control necesario.

    Redacción Salnés