Contos e ilustracións mestúranse na Casa dos Fraga

    CONTOS copia100.jpgCAMBADOS> A actividade "Polo correo do vento" está incluída no programa Cambados Cooltural.

    {flowplayer}images/salnes/CONTACONTOS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Historias que se van ilustrando a medida que se contan. Está é a orixinal iniciativa que os escritores e debuxantes Mau e Pin trouxeron hoxe ata a Casa dos Fraga. A parella de autores realizou unha sesión de contacontos baixo o nome “Polo correo do vento”.

    Ó redor de trinta nenos desfrutaron das aventuras dos carteiros Hugo o teixugo, Mariquiña a andoriña e Xelo o xurelo, que conseguiron captar a atención deste esixente público.

    A actividade, encadrada no programa Cambados Cooltural, celebrarase os vindeiros venres 28 de xaneiro e 4 de febreiro.

    Redacción Salnés