O primeiro aceite de oliva do Salnés producirase en Sanxenxo

SANXENXO> Un produtor de Sanxenxo lanzará ao mercado o primeiro aceite de oliva da comarca do Salnés. O sanxenxino tras moitos anos de estudo e traballo decidiu crear o seu propio produto. Estará á venta a primeiros de xaneiro pero non se coñecerá o nome da marca ata dentro de dúas semanas.

Son moitos os produtos gastronómicos polos que destaca a comarca do Salnés. Pero nas próximas datas, un produtor de Sanxenxo lanzará ao mercado unha nova elaboración. Carlos Pérez creará o primeiro aceite de oliva feito na contorna.

Carlos Pérez plantou as oliveiras hai cinco anos, a pesar de que as persoas coas que falaba llo desaconsellaban. O produtor considera que o Salnés é unha zona moi boa para traballar a oliva.

Es peculiaridades da comarca favorecen á gran calidade do aceite producido no Salnés.

Haberá que esperar ata xaneiro para probar este aceite. Pero o produtor destaca que a forma de elaboralo fará del un aceite de gran calidade.

En dúas semanas coñecerase o nome do pioneiro aceite de oliva do Salnés. Carlos Pérez continuará traballando este produto e agarda poder sumar a máis produtores para crear unha almazara propia.