As xoias das catedrais galegas, na Cidade da Cultura

    SANTIAGO> A exposición ‘Códices‘ conta con 12 manuscritos medievais, entre eles o famoso Códice Calixtino.

    {flowplayer}images/salnes/Codices.flv{/flowplayer} 

    Na nosa viaxe á Cidade da Cultura, en Santiago, visitamos a exposición Códices. Dentro da inmesidade do Gaiás, atopámonos cunha sala duns escasos trinta metros cadrados, ambientada con música e imaxes recurrentes que nos transportan á Idade Media.

    Amosados con suma delicadeza, doce manuscritos mediavais, obras dun incalculable valor histórico, algunhas con máis de 800 anos de antigüedade, conservadas en perfecto estado.

    Algo positivo, como unha exposición, que naceu de algo negativo, como un roubo, neste caso o do Códice Calixtino, pertencente á Catedral de Santiago.

    O que se pretende a través de Códices é poñer en valor o patimonio cultural de Galicia nunha das súas épocas de maior esplendor, a medieval. Tódalas miradas vanse cara o famoso Códice Calixtino, aínda que atopamos outras xoias como o Pasionario Tudense ou o Misal Auriense, o primeiro libro impreso en Galicia, en 1494, na imprenta de Monterrei, en Ourense. 

    Estas obras de arte foron cedidas polas cinco dióceses galegas. Ten especial protagonismo a de Santiago de Comspotela, que colaborou con cinco pezas. Tamén hai exemplares de Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Tui-Vigo e Ourense; todas fixeron un esforzo por amosar o mellor que teñen.

    Existen facsímiles e dixitalizacións dalgúns deste códices, aínda que segundo María Pereira, é unha oportunidade única para poder ver os orixianais en vivo e en directo.

    As oportunidades vanse esgotando. Tras abrir as súas portas o 27 de septembro, Códices porá o peche na Cidade da Cultura, o 6 de xaneiro.

    Redacción Salnés