Punto e final ó cruce de declaracións polo centro comercial vilanovés

    consorcio_100 copia.jpg VILAGARCÍA> O Consorcio do Comercio do Salnés quere que a Xustiza sexa a única que se pronuncie sobre o tema de agora en diante.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_EXPLICACION_CONTENCIOSO.flv{/flowplayer}
    Acabáronse os cruces de declaracións entre Consorcio e concello de Vilanova. Os comerciantes do Salnés queren que a partir de agora sexa a xustiza a que se pronuncie sobre o futuro centro comercial de San Miguel de Deiro. Aseguran que a de hoxe será a última comparecencia que realicen para aclarar as acusacións e comentarios realizadas dende o goberno vilanovés, e en concrto polo seu alcalde, Gonzalo Durán. Agora sobre o contencioso administrativo que están a preparar contra a recalificación dos terreos nos que se pretende levantar a macroárea.
    Pero antes, queren deixar algúns puntos claros. O primeiro en relación á polémica solicitude dunha liña de transporte que conecte os concellos da comarca co centro comercial. Segundo, o financiamento do proceso xurídico que van iniciar. E terceiro, e no que levan insistindo desde o principio: o seu fin é defender os traballos dos centos de comerciantes que ven perigar os seus negocios, máis nuns momentos nos que as subas de luz, impostos ou combustibles lles están a reportar xa importantes perdas.
    O prazo para a presentación do contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia remata o vindeiro 28 de febreiro, e desde entón, o Consorcio calcula que tardarán entre 8 meses e un ano en resolverse. Descartan que as obras poidan comezarse en febreiro ou marzo como se apuntou desde o concello de Vilanova, pois á luz dos trámites a realizar, entre eles a creación dunha xunta de compensación, e dos prazos estipulados legalmente, as contas non lles cadran.
    Redacción Salnés