A Xunta pon en marcha o novo Polo de emprendemento e de apoio ao emprego de Vilanova

VILANOVA> O novo Polo de emprendemento de Vilanova xa está en marcha. O servizo foi inaugurado esta mañá polo Conselleiro de Emprego. Trátase da décimo quinta oficina deste tipo que forma parte da rede de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia. En conxunto, máis de 2.800 proxectos empresarias recibiron axuda nos úlitmos dous anos.

Eles representan proxectos emprendedores que naceron ao abeiro deste polo de emprendemento de Vilanova de Arousa. Este novo servizo xa entrou en funcionamento. As súas oficinas están a disposición de toda a cidadanía da comarca do Salnés aquí, neste último andar do Pazo de Vista Real. Esta mañá, foi o Conselleiro de Emprego o encargado de inaugurar de xeito oficial este novo polo.

Unha rede que, co de Vilanova, suma xa 15 polos de emprendemento. Neles préstase de xeito gratuíto apoio e asesoramento a calquera persoa que desexe emprender un negocio ou consolidar o que xa ten en funcionamento. Todo para favorecer o nacemento ou expansión de proxectos que teñan impacto sobre o territorio.

A rede botou a andar a mediados de 2022. Dende aquela xa prestou asesoramento a 2.800 proxectos.

Pola súa banda, o alcalde de Vilanova celebra o novo uso que se lle dá ao Pazo de Vista Real, que vén completar as iniciativas que aquí xa se viñan desenvolvendo tamén vinculadas coa formación e o emprego.

Un conxunto de servizos que, engade Durán, fan de Vista Real un referente para a comarca do Salnés e para a provincia de Pontevedra en materia de emprego.