‘Vilanova Volve’, a campaña para o estímulo da economía do municipio

VILANOVA> A vida volve, pouco a pouco, a Vilanova. O concello impulsa unha campaña para incentiva-lo consumo en comercios, bares e tamén no mercado municipal. ‘Vilanova Volve’ é o nome desta iniciativa coa que o goberno local quere anima-la recuperación económica da localidade.

Volve a hostalaría, volve o comercio e volve o mercado. En definitiva, ‘Vilanova Volve ’. Ese é o nome da campaña que impulsa o concello para animar ós veciños a que confíen nos establecementos do municipio e gasten neles. Iso si, o alcalde indica que a volta á normalidade debe facerse extremando as medidas de seguridade.

O alcalde entende que a pesar da excepcionalidade do momento, cómpre esforzarse e apoia-las tendas, bares e postos do mercado. Pon en dúbida o concepto da ‘nova normalidade’. Entende que querer é poder e indica que adaptando os locais á nova situación, a recuperación da economía local está garantida.

Máis alá dos establecementos comerciais e hostaleiros, o alcalde avanza xa que queren ampliar esta campaña promocional ó turismo.

Sobre a xestión das praias, o rexedor insiste en que este verán terán prioridade os veciños do concello e os negocios de hostalería situados no termo municipal. Con todo, Durán reclama unha normativa a nivel estatal que regule o xeito ó que se poderá ir á praia nos meses estivais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí