![]()
A ILLA> As Rías Baixas e a franxa atlántica galega atópanse en alerta vermella por un novo temporal que está a ter especial…
{flowplayer}images/salnes/amarre_portos_alerta_vermella.flv{/flowplayer}
… incidencia no mar. Un novo episodio adverso que prevé truncar unha nova semana de traballo á xente do mar; especialmente en portos como o da Illa de Arousa onde levan todo o día tomando precaucións ante a falla de abrigo no Peirao do Xufre, especialmente cando os temporais son de ventos do norte ou noroeste.
Os traballadores do Mar da Illa extremaron as precaucións nas últimas horas para evitar que os fortes ventos; as ondas de ata os nove metros de altura e o mar de fondo do noroeste que se agardan para estas horas poidan estragar as súas embarcacións.
Moitos deles incluso buscaron abrigo noutros portos da contorna; principalmente no veciño peirao de Cabodeiro. E é que o Porto do Xufre precisa urxentemente dunha dique de abrigo; unhas obras que están previstas por Portos de Galicia pero que non dan chegado.
Esta mesma tarde os Presidentes das Asociacións de Bateeiros e o Patrón Maior reuníronse para acordar o contido dun escrito no que pedir maior celeridade na execución destas obras ó ente dependente de Consellería do Medio rural e do mar.
En terra este temporal ocasionou a suspensión das actividades escolares fóra dos centros e as múltiples intervencións de escaso alcance por pequenas emerxencias como pequenos asolagamentos, caída de contedores ou caídas de árbores. A emerxencia rebaixará mañá a situación de alerta laranxa.
Redacción Salnés






