NOIA> Esta semana retomouse a campaña marisqueira en Noia cun balance bastante positivo durante as primeiras xornadas.
{flowplayer}barbanza/iniciocampanavisitaconselleira.flv{/flowplayer}
Case un mes despois do parón trala campaña de Nadal o balance dos primeiros días de traballo nos bancos marisqueiros de Noia arroxa resultados satisfactorios. A pesar da menor abundancia de marisco con respecto ó pasado ano as cotizacións mantivéronse na liña agardada, cunha leve caída no berberecho e maior baixada na ameixa.
Novos pérmex
A campaña comezou ademais cunha boa nova. A directiva do pósito mantivo unha xuntanza coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que se desprazou ata Noia para comunicarlle a convocatoria de corenta novos permex para mariscadores a pé.
Oposición
Durante a xuntanza, abordáronse tamén outras cuestións que preocupan á confraría como a intención de trasladar as gaiolas de salmón á ría de Muros-Noia. Santiago Cruz transmitiulle á Conseleira a oposición dos catro pósitos da ría á súa instalación polas negativas consecuencias que poden ter nos bancos naturais.
Ó remate da xuntanza, Rosa Quintana tivo ocasión de visitar as instalacións da lonxa e o porto de Testal.
Redacción Barbanza