A Deputación de Pontevedra subvencionará a reforma da fonte da praza de Alfredo Braña de Cambados

CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra subvenciona con máis de 10 mil euros a restauración da fonte da praza Alfredo Braña de Cambados. Os traballos irán destinados a reparar a pedra dunha estrutura histórica que está preto de cumprir 100 anos. Aproveitando o proxecto, o concello tentará recuperar a auga e a luz que complementan a fonte.

O concello de Cambados continúa restaurando os seus elementos patrimoniais do municipio. Nos últimos anos, o goberno local reformou catro lavadoiros e agora, grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra, actuarase sobre a fonte da praza de Alfredo Braña.

A pesar de que pareza que está en bo estado, a fonte ten pequenas fendas que poden complicar a súa estrutura. A intervención permitirá reparala por completo e manter a súa pedra histórica, que conta con preto de 100 anos.

A fonte é un dos poucos monumentos que Narciso Pérez fixo no municipio. Ademais de estar declarada como ben de interese cultura de Cambados. O concello quere poñela en valor e recuperar a auga e a luz que complementan a fonte.

O concello xa contra coa aprobación de patrimonio e traballa no proxecto de restauración da fonte. Unha vez rematado, entregarase á deputación para sacalo a licitación. A previsión é que se remate ao longo do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí