VILAGARCÍA> Vilagarcía quenta motores para converterser nunha ‘Cidade de libro’. O evento arrancará o luns da semana que vén e hoxe o concello desvelou máis detalles da programación desta segunda edición. Os contidos pensasdos para a mocidade terán un papel moi destacado. Ademais dunha xornada dedicada á literatura xuvenil, creouse o Literatour, unha xincana literaria na que vai participar un milleron de rapaces, grazas á implicación dos distintos centros educativos da cidade.
A mocidade é unha das grandes apostas desta segunda edición de ‘Vilagarcía, cidade do libro’, que comeza o vindeiro luns. Ademais dunha xornada dedicada á literatura ao longo de todo o evento estará en marcha o Literatour. Trátase dunha xincana na que vai participar un millerio de rapaces, grazas á implicación dos diferentes colexios da cidade.
Porque ese é, precisamente, o obxectivo principal da iniciativa: enganchar á rapazada ao hábito de ler.
A edición deste ano da Cidade de libro contará tamén con xornadas dedicadas á poesía, á xestión das emocións ou á novela negra. Tamén unha homenaxe a Domingo Villar, recentemente falecido, que estará presente ao longo de todo o programa.
Por certo, a promoción da ‘Cidade de libro’ continúa en marcha. O alcalde vilagarcián presentará mañá, canda o seu homólogo compostelán, os detalles da programación na biblioteca pública Ánxel Casal da capital galega, coa finalidade de atrae-lo público daquela cidade ao evento.