Centos de nenos conmemoran o Día Mundial da Paz

    paz copia100.jpgVILAGARCÍA> O tema central foi a convivencia na escola, e os pequenos leron varios manifestos con ideas para evitar a violencia.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_DA_PAZ.flv{/flowplayer}

    Os debuxos de pombas equipadas con ramiñas de olivo, non faltaron á cita anual na que son as protagonistas. Os símbolos e os bos desexos centraron a conmemoración do Día Mundial da Paz, este ano dirixida á convivencia na escola. Centos de nenos de quinto de primaria participaron no acto organizado polo concello e, a pesares da súa corta idade, case todos tiñan claro a importancia deste día.

    Algúns dos nenos que participaron no acto incluso nos deron algunhas ideas para conseguir a paz.

    Nun mural posto polo concello, os rapaces escribiron os seus desexos para conmemorar o Día Mundial da Paz. A tolerancia, a cooperación ou a igualdade foron algúns dos valores máis repetidos.

    Ademais dos pequenos dos colexios da localidade, non faltaron á cita varios membros da Asociación Con Eles, encargada de atender a persoas con minusvalías psíquicas, que tamén quixeron deixar unha mensaxe moi especial.

    Redacción Salnés