O PSdeG augura un trunfo nas principais cidades no 22M

    VILAGARCIA>O PSdeG de Pontevedra ven de manter unha comisión executiva provincial na que analizaron o estado actual da súa formación, co ollo…

    {flowplayer}images/salnes/psoe_vila.flv{/flowplayer}

     … posto nas vindeiras eleccións municipais. O secretario provincial desta formación, Modesto Pose, foi quen resumiu as expectativas dos socialistas de cara ós próximos comicios de maio.

    O novo candidato de facto á alcaldía de Vilagarcía recoñeceu que o seu punto de partida non é o mellor dos desexables. Con todo, asegurou que o PP estaba a perder creto entre a cidadanía, o que eles ían a aproveitar con traballo a reo na vindeira contenda electoral.

    Nos vindeiros días darase a coñecer tanto o resto dos compoñentes da lista ca que Pose Mesura pretende conquistar Ravella, así como o resto dos alcaldables das listas socialistas no Salnés.

    Redacción Salnés