Segundo día de folga do sector do metal: ‘as mobilizacións irán a máis se non hai propostas serias’

VILAGARCIA> Segundo día de folga do metal con manifestacións e piquetes en Vilagarcía e Pontevedra. Os sindicatos denuncian a actitude da patronal e advirten que están provocando que as folgas e mobilizacións vaian a máis. As súas peticións son as mesmas: aumento salarial e mellores condicións laborais.

Centos de traballadores do metal volveron saír ás rúas en Vilagarcía e Pontevedra, ademais doutros puntos da provincia, para secundar o segundo día de folga do sector. Os sindicatos cualifican como un éxito o apoio á convocatoria.

O sector estivo paralizado case na súa totalidade, pero aínda así os manifestantes realizaron piquetes nas fábricas.

Dende os sindicatos denuncian que a patronal non se está tomando en serio as negociacións é que as súas propostas son moi baixas. Culpan aos empresarios da situación que atravesa o sector e de votar gasolina ao lume.

As peticións do sector son as mesmas: aumento de salarios e melloras nas condicións laborais.

O sector ten convocada unha nova folga para o día 22. Advirten que a se a patronal non se toma as negociacións en serio, as súas mobilizacións irán a máis.