PP Ribadumia: “O tripartito paraliza o concello”

    RIBADUMIA> O PP de Ribadumia acusa ao tripartito de paralizar o concello. Aseguran que nestes 9 meses de goberno non realizaron máis proxectos que os xa aprobados polo Partido Popular e moitos outros xa xestionados están pausados sen data de realización. 

     

    Deste xeito cualificaba esta mañá a voceira popular de Ribadumia ao tripartito que goberna o municipio. A exalcaldesa quixo facer balance do feito polo goberno local nestes 9 meses de lexislatura e non lle saen as contas. Salomé Peña asegura que as únicas obras que se realizaron no concello, como a caldeira do colexio de Barrantes, estaban previamente aprobadas polo PP, e incluso outras que deixaron en trámites mantéñense paralizadas co risco de perder as subvencións adxudicadas.

    Os populares acusan ao tripartito de falta de capacidade para xestionar o municipio con decisións a tres bandas e denuncian a ausencia de plenos ordinarios no transcurso da lexislatura. Dende que tomaron posesión só se realizou un no mes de novembro, cando os plenos se convocan cada dous meses, e no que levan de 2016 aínda non tiveron ningún. Peña afirmaba que para o único que foron rápidos foi para aprobar os seus soldos.

    Os populares valoran que o tripartito se reúna habitualmente cos veciños pero insisten en que hai que darlle solucións despois diso.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/25/pp_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/25/pp_ribadumia.mp4{/flowplayer}