O calendario da protectora de animáis de Vilagarcía conta este ano con músicos e asociacións da vila

VILAGARCIA> A protectora de animais de Vilagarcía presenta o seu calendario máis especial. Nesta edición participan músicos e asociacións da vila para axudarán a aumentar a visibilidade do refuxio. Polo seu 28 aniversario, a protectora tamén quixo ter un recordo con todas as mascotas que viviron durante toda a súa vida nas súas instalacións.

A protectora de animais de Vilagarcía continúa cumprindo anos e destinándoos ao coidado e protección dos animais abandonados da vila. Entre as súas actividades destaca, como cada ano, o seu calendario que este mércores presentaron.

Nesta edición, nas fotografías do calendario participaron músicos e asociacións da vila xunto coas mascotas. A súa participación permitirá aumentar a visibilidade da protectora.

Os calendarios estarán á venda por un prezo que roldará os 7 euros. A súa recadación é importante para seguir coidando aos case 200 cans e 150 gatos cos que conta a asociación.

O calendario deste ano ademais conta cunhas fotos especiais.

Dende a protectora tamén quixeron mandar unha mensaxe a aquelas persoas que queren agasallar cunha mascota. Lembran que hai que cumprir cuns requisitos para poder adoptar un animal.

O fotógrafo que se encargou de realizar o calendario foi Luís de Zootografía. O almanaque poderá mercarse na propia protectora ou en calquera clínica veterinaria da vila.