O novo Centro de Interpretación da Caña do País de Valga xa está rematado

VALGA> Rematan os traballos de acondicionamento do novo Centro de Interpretación da Caña do País de Valga. A nova infraestrutura foi impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo. O centro se inaugurará na festa da caña e da anguía.

O novo Centro de Interpretación da Caña do País en Valga xa está rematado. A axencia de Turismo de Galicia colaborou co Concello de Valga cun investimento de 200 mil euros. A aportación foi clave para poder reformar o edificio e comezar a proveelo de equipamento. Aínda non conta con toda dotación necesaria pero espérase que estea completado para a festa de caña e da anguía.

O alcalde mostrouse agradecido con Nava Castro pola aposta de converter unha casa case en ruínas no novo centro que é agora. Para a directora de Turismo esta reforma é un exemplo de visibilidade do que fan as axudas de Turismo de Galicia para poñer en valor as nosas tradicións e o noso entorno.

Ademais de completar o equipamento e parta que queda do acceso o alcalde anuncio que seguen traballando en novos proxectos para a vila: Como no mercado dos mouros, na igrexa vella, un novo pantalán, pero o máis interesa é o da recuperación das antigas vagonetas de transporte.

Comments are closed.