O Club Náutico de Portonovo xa presume das catro bandeiras que acreditan a súa calidade e sustentabilidade

SANXENXO> Bandeira azul, Q de calidade, Galicia Calidade e S de Sustentabilidade. Son as catro certificacións das que pode presumir o Club Náutico de Portonovo, en Sanxenxo. Este mediodía celebrouse o izado das distincións, confirmándose como o único club da provincia de Pontevedra que conta con todas elas.

Estas catro bandeiras confirman aos usuarios que se atopan nunhas instalacións de calidade certificada. Dende hoxe, a bandeira azul, a Q de Calidade, o distintivo Galicia Calidade e a S de Sustentabilidade a ondean no Club Náutico de Portonovo, en Sanxenxo.

Para manter estes distintivos, o club realiza un forte esforzo inversor para manter a calidade e a sustentabilidade das súas instalacións. Recentemente, realizaron actuacións como a renovación do solo dos pantaláns ou cambios na estrutura de aguante dos paneis.

Cabe destacar que a provincia de Pontevedra aglutina sete das once bandeiras azuis outorgadas este ano aos portos deportivos galegos. Un galardón que, ademais de garantir a calidade das instalacións e dos servizos, supón un reclamo turístico e empresarial.

Tan só o Real Club Náutico de Portosín conta tamén con estas catro certificacións.