Aberto o prazo para inscribirse na xuntaza dos maiores do Son

    PORTO DO SON> Como cada un de maio, o concello de Porto do Son celebrará o seu tradicional xantar para a terceira idade. Os interesados poden reservar a súa praza xa no departamento de servizos sociais do concello. Fiel á súa cita cada un de maio, o xantar dos maiores de Porto do Son reunirá a preto de mil comensais nas instalacións do pavillón polideportivo. Trala misa previa ás doce da mañá na igrexa de San Vicente de Noia, os asistentes desfrutarán dun menú e unha xornada de festa amenizada por un grupo musical polo que a diversión e o baile están asegurados. Con esta celebración o concello pretende convidar ós maiores en recoñecemento ó seu importante labor na sociedade. Ademais do xantar e da festa, o concello disporá tamén os desprazamentos polo que se habilitará tamén un O prazo para inscribirse rematará o 21 de abril.