Carballa eludirá o cárcere tras ingresar a fianza de 30.000 euros

    carballa copia100.jpgCAMBADOS> O xuíz responsable do caso tomará declaración a un imputado máis, pero aínda non hai data fixada. 

    Antonio Carballa Magdalena, suposto cabecilla dunha rede de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas, evitará finalmente o cárcere. O xuíz Carballal, responsable do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados, impuxéralle unha fianza de 30 mil euros que tería que abonar antes de hoxe. Esta tarde, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carballa tería presentado no xulgado o xustificante do ingreso. De ser así, procederíase a dictar o seu auto de liberdade. Foi o martes pasado cando o suposto cabecilla da trama e seis dos oito imputados na Operación Patas, ademais dunha testemuña que prestou declaración, pasaron a disposición do xuíz Carballal. Dos imputados, cinco estaban en calidade de detidos e foron postos en liberdade con cargos. Outros dous simplemente declararon como imputados, e foron postos en liberdade sen cargos. Sen embargo, o xuíz aínda non pechou as dilixencias do caso. Agárdase que declare un imputado máis, pero non hai ningunha data prevista para a súa comparecencia.

    Redacción Salnés