A caravana morada estará presente en todos os festexos do verán en Cambados

CAMBADOS> A caravana morada volverá estar presente en todas as festas de Cambados. As técnicas indican que o punto non é so para mulleres, e que calquera home pode achegarse a denunciar ou a pedir axuda ante calquera agresión ou situación no que algunha persoa corra perigo ou non se atope ben. A caravana contará con puntos de reforzo, xa que algúns establecementos da vila están preparados para atender á veciñanza nestes casos.

O concello de Cambados contará este verán en todas as súas festas coa caravana morada. Un punto de información, asesoramento e axuda ante calquera tipo de agresión ou de problema que sufra calquera persoa.

O punto morado é un lugar onde a rapazada poderá denunciar calquera situación e ser axudada en caso de necesidade, pero non é un punto exclusivamente para as mulleres, os homes tamén se poden achegar a denunciar ou pedir axuda para quen o necesite.

A caravana contará este ano con diferentes puntos de reforzo. Xa que hai establecementos da vila que están preparados para atender á cidadanía en calquera dos casos citados.

A caravana estará presente en todos os eventos festivos debido a súa gran importancia para loitar contra as agresións machistas.

A caravana comezará a súa andadura co festival Xironsa. O resto de verán estará noutros tipo de festexos como por exemplo o Albariño, onde terá unha gran presenza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí