Os pais prepáranse para as primeiras saídas cos nenos

POBRA> A rectificación do goberno que finalmente si permitirá saír a pasear ós nenos foi ben acollida entre os colectivos de pais. Falamos coa ANPA do colexio de Cadreche, na Pobra, que xa prepara medidas para afrontar a relaxación do confinamento. Tódolos alumnos disporán de máscaras personalizadas deseñadas por eles mesmos.

A polémica inicial sobre os detalles da saída dos nenos deu paso á confusión. Aínda que non están claros os detalles sobre a relaxación do confinamento, a rectificación do goberno que finalmente si autorizará os paseos foi ben recibida entre os pais. 

Sexa como sexa ós alumnos de Cadreche a saída vainos coller ben preparados.A ANPA traballa dende hai semanas na elaboración de máscaras personalizadas deseñadas por eles meses.

Ademais de estar protexidos e cumprir coas recomendacións sanitarias, estas máscaras pretenden restar dramatismo e normalizar esta difícil situación que os pequenos están a afrontar con grandes doses de imaxinación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí