150 peregrinos chegarán ao Salnés procedentes da Antártida con destino Santiago de Compostela

    CAMBADOS> Santiago e a Antártida estarán un pouco máis cerca a partir do martes… un grupo de “pingüirinos”, si, si, oíron ben, así é como se fan chamar este grupo de militares e investigadores que chegarán ao Salnés dende a Antártida e con destino Santiago. Estes particulares peregrinos chegarán a Santiago despois de percorrer o itinerario máis longo do Camiño de Santiago. 

     

    A base española na Antártida, Gabriel de Castilla, foi o punto de partida de un grupo de peregrinos formado por militares e investigadores con destino Santiago de Compostela. Este grupo de “pingüirinos”, como se fan chamar, percorrerá ata chegar a o final do seu percorrido uns 14.074 km. 

    Estes peregrinos viaxaran dende Cartagena ata a base da Armada en Pontevedra en barco, dende onde e emprenderán o seu camiño a Compostela pasando polo Salnés. Unha visita moi ben acollida polos concellos.

    Durante o anuncio da próxima visita destes peregrinos pola comarca, os representantes da Mancomunidade do Salnés, aproveitaron a ocasión para defender que se homologuen os camiños xacobeos que hai no Salnés. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/visita_peregrinos_mancomunidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/visita_peregrinos_mancomunidade.mp4{/flowplayer}