RIBEIRA > O alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, ten previsto manter reunirase en Compostela co Director Xeral de Xustiza, Santiago Antonio Roura Gómez, co fin de analiza-las posibles solucións á situación xurdida a raíz da indemnización que debe afronta-lo armador do buque “Saleta” a consecuencia dun accidente producido na procesión na honra da Virxe do Carme celebrada en Aguiño no ano 1998.
O alcalde ribeirés estárá acompañado por unha comisión na que están integrados os principais representantes do sector pesqueiro do municipio así como as autoridades eclesiásticas de Ribeira e Aguiño.
Cómpre sinalar ademais que dende o pasado venres o concello ribeirés xa ten abertas as contas nas entidades bancarias con sucursais nesta localidade para recolle-las doazóns en apoio das procesións marítimas e para a axuda da indemnización que debe paga-lo armador do “Saleta”.
As persoas interesadas en colaborar poden ingresa-las súas aportacións nas distintas entidades financieiras: Banesto na conta 0870001271; Banco Etcheverría na 1010000455; Banco Gallego na 000041000; BSCH na 2514795347; Banco Pastor na 0000104216; Banco Popular na 0600108077; Banco de Galicia na 0660000674; Banco Simeón na 0108024770; no BBVA na 0201542164; en Caja Madrid na 6000046709; en Caixanova na 0040007326; en Caixa Galicia na 3040017897 e en La Caixa na 0200063646.
Redacción Barbanza