Unanimidade no Parlamento a prol de que se reedite a concesión do Salón Peña ao Concello de Cambados

CAMBADOS> Hai novidades no Salón Peña de Cambados. O Parlamento de Galicia acaba de aprobrar unha iniciativa do PSdeG para perdille á Xunta que reedite a concesión da nave a favor do Concello polo máximo tempo posible. O acordo chega apenas uns días antes de que o goberno local se reúna coa Consellería do Mar e Portos de Galicia para aborda-lo futuro do espazo. O encontro vai ter lugar o vindeiro martes.

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposta do PSdeG para pedirlle á Xunta que repita a concesión do Salón Peña de Cambados a favor do Concello. A proposta que apoiaron PP e BNG solicita que a cesión do espazo se produza  “en termos equiparables á recentemente terminada concesión e polo máximo tempo posible”.

O acordo acadado no Parlamento serve de apoio á postura do Concello, que lle vai trasladar á Xunta o martes que vén. A alcaldesa e varios concelleiros reuniranse coa Conselleira do Mar e a Presidenta de Portos para pedirlles que Peña poida acoller actividade de todo tipo, non só vinculada ao mar.

Ademais, aproveitarán a xuntanza para pedirlle á Xunta que facilite a tramitación do procedemento para a reversión de terreos de Portos que xa non teñen actividade portuaria, como o Paseo da Calzada ou o das Palmeiras.

Ese punto tamén está recollido no acordo acadado nas últimas horas no Parlamento Galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí