![]()
A ILLA> Se xa están sendo baixos de por si os prezos de vendas dos mariscos bivalvos estes días, o colectivo de mariscadoras de a pé …
{flowplayer}images/salnes/mortaldade_marisco_illa.flv{/flowplayer}
…da Illa lamenta a alta mortaldade de ameixa, principalmente de babosa, que se está a dar nos seus bancos marisqueiros desta contorna insular. A preocupación deste colectivo é notable, posto que, non só lles está a afectar á súa economía arestora senón que tamén lles repercutirá nos vindeiros meses. Cren que a causa da morte reside na alta cantidade de auga doce; algo que non se explican posto que tampouco choveu tanto nas últimas semanas.
Á espera dos resultados destas análises, as preto de 313 mariscadoras da Illa intentan capear collendo os copos permitidos de xapónica, fina ou berberecho; algo que tampouco lles está a compensar, posto que os prezos son moi baixos, por culpa din, da intensa entrada de marisco foráneo de menor calidade, que fai que baixen as cotizacións da súa.
Redacción Salnés








