A praza de abastos sonense pendente dunha remodelación

prazaportoson.jpgPORTO DO SON> O concello ten previsto iniciar os arranxos máis urxentes o vindeiro mes de marzo.

As peixeiras que cada día acuden a venden as súa mercadería a praza de abastos de Porto do Son esperan como auga de maio o arranxo das instalacións. Malia que tanto elas como os seus clientes xa se acostumaron as pésimas condicións nas que está o inmoble, demandan ó concello que as obras se inicien canto antes dado que hai arranxos urxentes co o acondicionamento dos baños ou a limpeza dos canos.

{flowplayer}barbanza/prazaabastosportodoson.flv{/flowplayer}

Tamén piden que se solucione o problema da auga no chan. Os usuarios da praza tamén consideran que é preciso renovar a imaxe do mercado, sobretodo, para evitar a perda de clientela. Ademáis, o feito de contar cunha praza en tan malas condicións non favorece a imaxe de cara ó turismo. 

Dúas fases

Esta previsto realizar un primer investimento de cincuenta e sete mil euros. A actuación consta dunha segunda fase que se executará en 2012 dotada cun presuposto que se achega ós trinta e seis mil euros.

Redacción Barbanza