RIANXO> O proxecto doporto deportivo vai tomando forma a través das xuntanzas entre representantes do Club Náutico, a confraría e Portos de Galicia.
{flowplayer}barbanza/portodeportivorianxo.flv{/flowplayer}
A construción do futuro porto deportivo de Rianxo implicará unha mellor ordenación portuaria con espazos definidos para cada un dos usos. A intención é trasladar as embarcacións de recreo cara a parte norte e habilitar no espazo que ocupan na actualidade un pantalán para atraque das embarcacións profesionais dedicadas ó bou de vara.
Polo momento, o proxecto está en fase de estudo á espera de determinar a mellor alternativa para a súa execución.
Mentres agardan a coñecer a decisión de Portos, dende o pósito vén con bos ollos este proxecto que, a diferenza do anterior, manterá sen apenas variación a fachada marítima da vila e non terá apenas impacto sobre a ría e os seus recursos.
Redacción Barbanza