POBRA> Na actualidade hai xa seis familias que se benefician destas axudas e tres expedientes máis en fase de tramitación. Dende a súa chegada á alcaldía o goberno de Nós Pobra púxose como reto aumentar a contía destinada á emerxencia social, coa finalidade de dar resposta ás necesidades que presentan moitas familias do municipio. Dunha partida inicial de 500 euros, aumentouse ós máis de 10 mil, grazas tamén en parte a aprobación en pleno o pasado ano dunha ordenanza municipal que regula estas axudas. Segundo o edil de Servizos Sociais, Miguel Alamancos, as primeiras accións realizadas foron a compra de alimentos e o pago dos recibos de luz e auga. Na actualidade hai xa seis familias beneficiarias e tres expedientes máis están en fase de tramitación. Dende o Concello informaron tamén da contratación dunha logopeda para o Centro de Atención ó Discapacitado, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, xestionada a través dos fondos europeos duns 92 mil euros. Trátase dun paso adiante de cara a mellorar o servizo de atención temperá que se presta neste cento. A nova logopeda, que en principio traballará ata o mes de outubro, súmase a unha plantilla integrada por unha psicóloga, unha pedagoga, unha traballadora social e unha animadora socicultal, así como tamén un odontólogo que colabora de xeito altruísta co CAD.
Inicio A Pobra