BOIRO> Este boirense, que sofre hemiplexia, leva tempo intentando a compra dunha bicicleta adaptada, para a que precisa uns 10 mil euros.
O Concello decidiu implicarse e colaborar para que o seu soño sexa unha realidade. Farao a través dunha subvención con carácter excepcional.
Do problema fíxose eco tamén o grupo municipal de IC Boiro, que a través do seu concelleiro, Antonio García, solicitou a colaboración veciñal e tamén do Concello, para que Carlos poida cumprir o seu soño.
Ademais puxéronse tamén á venda rifas en varias empresas e establecementos comerciais do Barbanza para o sorteo dunha estancia na Casa da Posta do Valmaior.
Aquelas persoas que tamén o desexen poden realizar aportacións económicas a través de Bizum ó número de teléfono 615 869 468, especificando o concepto ‘Bici adaptada Carlos Mora’.