A biblioteca municipal reabrirá a finais de febreiro

    biblioteca_vilagarcia_100.jpg VILAGARCÍA> Nestes intres estanse trasladando tódolos servizos e materiais que se situaran provisionalmente no Auditorio.

    {flowplayer}images/salnes/BIBLIOTECA_VILAGARCIA_reformas.flv{/flowplayer}

    O ‘pesadelo político’ no que se converteron os continuos atrasos nas obras da biblioteca de Rey Daviña están a piques de rematar para o concelleiro de Cultura de Vilagarcía. Xosé Castro Ratón vén de confirmar que, a falta dos últimos retoques, as instalacións estarán operativas a finais deste mes. Máis terá que agardar o salón de actos. Mentres non finalicen por completo os traballos na biblioteca e se faga o informe final, non comezarán con este espazo.

    Castro Ratón recoñece que é unha obra necesaria debido ó deterioro desta instalación, pero desminte que os danos se deban só a que o salón se estivo empregando neste tempo como almacén provisional dos fondos da biblioteca.

    As obras acometidas no edificio de Rey Daviña afectaron á primeira e segunda planta. Na primeira, substituíuse o piso e a pintura, instalouse a rede de ADSL e wifi, todo con fondos municipais. A actuación do segundo andar, financiada con cargo ó primeiro Plan E, consistiu na renovación da cuberta e do piso, instalación de nova climatización e a ampliación da sala de exposicións. Habilitáronse dúas novas saídas de emerxencia, unha en cada planta, e un acceso para cadeiras de rodas que conecta a biblioteca e a Sala Rivas Briones.

    Redacción Salnés