Vilaxoán pide ao concello que reorganice o tráfico en lugar de multar os veciños

    VILAGARCÍA> Multas en lugar de reorganizar o tráfico. A asociación de veciños de Vilaxoán ven de denunciar que o concello atendeu as súas peticións para mellorar a delimitación da zona peonil da praza Rafael Pazos con multas da Policía Local aos vehículos mal estacionados. Sinalan, ademais, que os axentes sinalan á asociación como os responsables das sancións.

    A ausencia de boiardos nalgúns treitos da praza Rafael Pazos está a xerar unha forte polémica en Vilaxoán. Dende que se retiraran no mes de outubro por mor das festas, moitos son os coches que aproveitan os novos ocos para estacionar.

    Unha resposta que xa puxo en pé de guerra á asociación.

    No encontro que mantiveron co alcalde primeiro, e na posterior visita que a semana pasada  recibiron da concelleira de obras e do responsable de seguridade cidadá, o que si pediron foi unha reorganización do tráfico no entorno da praza.

    Trala polémica, a asociación manterá mañá un encontro coa Policía Local, para buscar unha solución á situación.

    Dende o concello, o responsable de tráfico convocará á asociación a un encontro o vindeiro luns para expoñerlle os cambios que se pretenden realizar no entorno da praza. Dorgambide apuntou, ademais, que as sancións impostas pola Policía Local derivaron da denuncia dun veciño, que incluso aportou fotografías de vehículos entorpecendo o paso dos peóns.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/17/queixas_trafico_vilaxoan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/17/queixas_trafico_vilaxoan.mp4{/flowplayer}