RIBEIRA> Ribeira contará con catro estacións para a reparación de bicicletas. O obxectivo destas instalacións, que se situarán en zonas de tránsito de ciclistas, é fomentar o uso da bici como medio de transporte alternativo.
O alcalde de Ribeira e o concelleiro de Turismo presentaban as novas estacións para a reparación de bicicletas que estarán instaladas en catro puntos do municipio. Contan con todo tipo de ferramentas para o mantemento das bicis de xeito que os seus usuarios poidan realizar a posta a punto a pé de estrada.
Ademais de esta, emprazada no parque biosaudable de Artes, instalaranse outras tres en puntos estratéxicos de paso habitual de ciclistas como son a oficina de turismo de Xarás, o carril bici do paseo de Coroso e a rúa Norte de Palmeira. O obxectivo do concello é ofrecer novos servizos que fomenten a práctica deportiva e o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo.
Estas estacións estarán xeoposicionadas mediante un código QR que permitirá ós ciclistas coñecer a súa localización exacta.