![]()
SALNÉS> Por iso, a Directora Xeral de Comercio, mostrou o seu apoio a este sector na súa visita a varios mercados arousáns.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_PRAZAS_NAVA_CASTRO.flv{/flowplayer}
A primeira visita foi á praza de Abastos de O Grove na que estivo acompañada, entre outras autoridades, polo Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra e polo tenente de alcalde deste concello, Carlos Álvarez.
A seguinte parada foi na Praza de Portonovo na que, xunto á alcaldesa e á presidenta dos praceiros, fixeron un percorrido polas instalacións. Alí puideron ver de primeira man as demandas, tanto dos traballadores coma dos usuarios, recollidas no último inventario sobre as prazas de Galicia. Neste senso, destacou as demandas relacionadas coa ampliación de horarios ou as facilidades de pago para os clientes destes mercados.
Por iso, mostrou o seu apoio tanto ás asociacións coma ós concello. Sinalou que é importante facer visibles estes mercados xa que son ós motores económicos do comercio de proximidade.
A última visita foi á praza de Abastos de Sanxenxo. Catalina González destacou o esforzo que están a facer os praceiros para revitalizalo seu traballo.
Por último, informou que asociacións e concello están a traballar na redacción dun regulamento para mellorar o funcionamento das prazas deste municipio.
Redacción Salnés








