MEIS> O escritor J.J.M. Veiga presentará a súa cuarta novela titulada “La Apatía de los idiotas”. O acto terá lugar mañá as 21 horas na biblioteca de Meis, vila na que reside o autor. Para poder publicar esta obra foi necesaria unha campaña de crowdfunding.
O escritor pontevedrés, afincado en Meis, J.J.M. Veiga presentará mañá na biblioteca de Meis as 21 horas a súa nova novela. “La Apatía de los Idiotas” é a cuarta obra publicada deste escritor. Unha novela que tivo un percorrido complicado para saír á luz.
Escribindo dende os 16 anos foi no 2010 cando deu o paso a profesionalizar as súas obras. Na súa cuarta novela o escritor volve a indagar no xénero negro.
A historia desenvólvese nunha cidade ficticia da Costa da Morte coa aparición dun cadáver. O autor busca espertar o pensamento dos lectores.
A novela publicada por Distrito 93 xa está dispoñible en tódalas librarías de todo o país e tamén baixo demanda. O escritor agarda superar as vendas da anterior obra e ademais, adiantou, que xa ten terminada a seguinte.