![]()
SANXENXO> Sanxenxo e concretamente as novas instalacións do Obradoiro de Hostalería da mancomunidade de O Salnés foron testemuñas da presentación da “Etiqueta negra, gourmet galego e inspiración innovadora “, que organiza o concello de Pontevedra.
No porto deportivo Juan Carlos I, en Sanxenxo atópanse as novas instalacións nas que se está a celebrar o Obradoiro de Hostalería da mancomunidade de O Salnés. Neste entorno, presentouse a primeira edición da feira “Etiqueta negra, gourmet galego e inspiración innovadora”, que organiza o Concello de Pontevedra.
Etiqueta Negra celebrarase no recinto feiral de Pontevedra, e estará aberto en horario ininterrompido dende as 11 ata as 20 horas, por un custe de 2 euros. O Salnés estará representado polos alumnos e mestres do Obradoiro de Hostalería do Salnés con varias demostracións da materia sobre a que están a formarse.
Unha cita de carácter profesional que aspira a converterse nun dos eventos máis destacados de Galicia, ao reunir nun mesmo espazo a profesionais, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias do mercado, e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/feira_gourmet_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/feira_gourmet.mp4{/flowplayer}¡









