Subas na auga, saneamento e lixo para reducir o déficit municipal

    subaimpostosribadumnia copia.jpg RIBADUMIA> Os veciños pagarán 44 euros ó ano polo saneamento, 41 pola auga e 63 polo lixo. Coa medida o goberno local agarda ingresar 100.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/ACTUALIZACION_TAXAS_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    Desde o concello de Ribadumia insisten en que a decisión de subir os recibos da auga, o saneamento e o lixo é unha medida obrigada pola situación económica. O déficit das arcas locais estase disparando. Desde as administracións estatal e autonómica pecharon a billa das axudas económicas, e isto, unido á suba do IVE, a luz,ou o imposto de construcións obrigounos a tomar esta determinación.

    Os veciños de Ribadumia pasarán a pagar agora 44 euros polo recibo do alcantarillado, uns oito euros e medio máis ó ano. O canon polo abastecemento de auga adaptouse ó novo prezo por metro cúbico marcado pola Mancomunidade do Salnés, polo que de 37 euros ó ano cobraranse agora 41,04. Pero, sen dúbida, o servizo más deficitario é a recollida do lixo. Suma perdas anuiais de más de cen mil euros, sen contar coa porcentaxe de impagos. A partir de agora cobrarase por el 63 euros.

    A actualización destes recibos farase por riba da suba do IPC deste ano, xa que levaban sen poñerse ó día desde o ano 2007. Desde o goberno local aseguran que con suba e todo, seguirán tendo déficit.

    O que se manterán conxelados serán tódolos impostos municipais. Con estas medidas de axuste o concello agarda poder ingresar uns cen mil euros extra ás arcas municipais.

    Redacción Salnés