O edificio de apoio empresarial e o viveiro estarán listos a principios de 2016

    BARRO> Á marxe da tormenta política, avanzan as obras no polígono de Barro-Meis. O aínda presidente da Deputación comprobou sobre o terreo o estado da construción do futuro edificio de servizos e apoio empresarial. Está previsto que a infraestrutura estea rematada a comezos do vindeiro ano.

     

    A construción do edificio de servizos e apoio empresarial do polígono de Barro-Meis proxectado pola Deputación de Pontevedra xa entrou na súa segunda fase. A infraestrutura está pensada para ofrecer aos empresarios do parque servizos como cafetería, oficinas, un auditorio, almacéns ou salas multiusos.

    En parte, este edificio nace para dar servizo ao futuro viveiro de empresas, que tamén está a construír a Deputación no polígono en colaboración co Incyde. A idea é que ambas infraestruturas estean rematadas a principios do vindeiro ano.

    Outra intervención que está a concentrar gran parte da atención no polígono de Barro-Meis é a chegada da empresa Froiz. Segundo Louzán, a compañía xa está a redactar os proxectos construtivos para levantar 20 mil metros cadrados de naves.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/poligono_barro_meis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/poligono_barro_meis.mp4{/flowplayer}