![]()
BAMIO> Estes traballos consisten no pintado dos dez pasos de peóns desta estrada que atravesa a parroquia de Bamio.
{flowplayer}images/salnes/SINALIZACION_BAMIO.flv{/flowplayer}
O concello de Vilagarcía ven de demandar ó goberno autonómico o pintado dos dez pasos de peóns da estrada que atravesa a parroquia de Bamio.
Así o decidiu a xunta de goberno local debido ó perigo que supón para os veciños, explican, a inexistencia da sinalización horizontal nos puntos establecidos para o cruce de persoas, nesta vía de titularidade autonómica.
No informe, xa redactado pola Policía Local constátase que tralas traballos realizados pola Xunta para dotar de beirrarúas á estrada PO 192, non se completou a obra. Ademais, non só supón un perigo para os viandantes, senón tamén para os condutores xa que, explican desde o concello, réstalles visibilidade, especialmente de noite.
Coa finalidade última de mellorar a seguridade viaria, o concello xa remitiu un escrito coa petición a efectos de que se corrixa o antes posible.
Redacción Salnés










