‘As Festas de San Roque 2012 foron as peores dos últimos anos’

    psoe_vilagarciafestascopy.jpgVILAGARCÍA> Esta foi a valoración que fixo o PSOE das Festas da cidade. Ante isto entenden que o goberno local debe facer unha reflexión do traballo feito.

    {flowplayer}images/salnes/VALORACION_PSOE_SANROQUE.flv{/flowplayer}

    As peores festas dos últimos anos. Así valoraron os socialistas de Vilagarcía as Festas de San Roque 2012. Desde o partido consideran que a celebración máis importante do concello merecía un traballo máis serio en varios aspectos. En primeiro lugar, no tema da limpeza. A suba do recibo do lixo nun 7% non se traduciu, salientaron, en rúas máis limpas durante as festas.

    Falta de limpeza que sobre todo se fixo patente, dixeron, trala celebración da Festa da Auga onde botaron en falta, ademais, infraestruturas coma baños químicos. Aínda así, con respecto á esta celebración entenden que merece unha reflexión global para determinala liña cara a cal se quere dirixir.

    Así mesmo, criticaron a programación deste ano con concertos de pago que consideran elitistas mentres que non se deixou un oco para os grupos locais. Por todo isto, desde as filas socialistas entenden que estas festas merecen ser reflexionadas polo goberno local.

    Por último, tamén criticaron a celebración do Mercado Pirata en plenas festas porque foi, explicaron, unha clara competencia desleal para os hostaleiros do municipio.

    Redacción Salnés