Meis celebrará a primeira romaría das letras galegas na finca de Parga

MEIS> Meis presenta a primeira edición da Romaría das letras galegas. A cita celebrarase na finca de Parga e contará cunha feira artesanal, actividades culturais e música.  Tamén haberá un posto de comida e unha zona habilitada para que a veciñanza poida comer dentro da parcela da Parga. 

O concello de Meis pon en marcha a Romaría das Letras galegas, un novo evento cultural que servirá para homenaxear unha data tan sinalada en Galicia. O festexo celebrarase durante todo o día na finda de Parga e combinará tradición con gastronomía, espectáculos musicais e actividades e obradoiros culturais.

A xornada contará cun posto de comida, e ante o interese da xente, o concello traballará para habilitar unha zona dentro da finca de Parga para que a veciñanza poida comer na parcela.

A romaría das letras galegas servirá como a estrea da finca de Parga acollendo eventos culturais.

Para os artesáns é unha oportunidade para mostrar os seus traballos.

Dende o concello matizan que a romaría non ten nada que ver coa feira labrega que se celebra na entrada do verán. Os postos de artesanía comezarán ás 12 do medio día e as actuacións musicais a partir das cinco da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí