O BNG xa ten candidatos en Ribadumia, Poio e Cambados

    candidatos_bng copia.jpgSALNÉS> En Ribadumia, o cabeza de lista é Enrique Oubiña e Xoán Antonio Allegue, secretario comarcal, é o número dous.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATOS_BNG.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Bloque Nacionalista Galego presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións do 22 de maio para o concello de Ribadumia. Enrique Oubiña será o cabeza de lista seguido de Xoán Antonio Allegue, nestes intres secretario comarcal en Arousa. O terceiro posto o ocupará cristina Fernández e Luciano Martínez o cuarto. A quinta posición é para Maite Moimenta.

    Tal e coma explicou o seu líder dispoñen dun proxecto firme polo que consideran están en condicións de gañalas eleccións.

    Así mesmo, onte en Cambados os nacionalistas presentaron oficialmente a súa candidatura como xa coñeciamos con Víctor Caamaño como cabeza de lista.

    Tamén onte o local da Comunidade de Montes de Combarro acollía a presentación do BNG. Luciano Sobral agradeceu o apoio do partido e a confianza que depositaron nel para encabezar de novo o seu proxecto.

    Tal e coma explicaba Bieito Lobeira, en Poio xa levan catro anos traballando polo pobo e despois do 22 de maio seguirán sendo a alternativa que precisa Galicia.

    Sobral rematou dicindo que a lista está configurada por persoas mozas con experiencias co que agardan acadar a maioría absoluta en Poio.

    Redacción Salnés