Cambados terá un novo pantalán con cabida para 75 embarcacións

    Esta mañá o presidente de Portos de Galicia asistiu á presentáronse no porto de San Tomé de Cambados, das obras de construción dun novo pantalán para embarcacións pesqueiras. Coa nova instalación, que conta cun presuposto de preto de 200.000 euros, daráse cabida a 75 barcos de diferentes medidas. Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, o patrón maior de Cambados, e representantes do goberno local, o presidente de Portos de Galicia asistiu esta mañá no peirao de San Tomé á presentación que un representante da empresa adxudicataria das obras, realizou no lugar, sobre a construción do novo pantalán. O novo pantalán habilitará espazo para 75 prazas de amarre, para esloras de 12, 8 e 6 metros. O presidente de portos destacou tamén que con esta actuación, orzamentada nuns 200.000 euros, é importante para a ordenación das dársenas, como para a mellora da seguridade nos peiraos. Por iso, subliñou tanto ésta como outras accións similares que a entidade autonómica está facendo noutros portos da zona. En total en Portos de Galicia está executando preto de seis millóns e medio de euros neste ámbito dentro das dársenas da Ría de Arousa.