A gardería de Cambados non pecha a pesar da orde de Vicepresidencia

    garderiacambados_100_181006.jpgCAMBADOS > Rematado o prazo de entrega de documentación, a Xunta decidiu ordenar o peche do módulo irregular da gardería de Cambados.

    garderiacambados_200_181006.jpgO martes foille remitida ó concello a resolución que obriga ó peche provisional. Alegando que se trata dun erro o concello cambadés fai oídos xordos e non executa peche ningún. Esta mañá entraría en vigor o parón pero a actividade seguiu a súa canle normal.

    As traballadoras e responsables do centro non recibiron aviso ningún e a normalidade que se vivía pola mañá na gardería municipal de Cambados era total. Os pais acoderon a recoller ós seus fillos como calquera outro día e tranquilos pola seguridade dos cativos.

    Irregularidades 

    O envío da Xunta ó concello da resolución na que obriga ó alcalde a pechar o suposto módulo ilegal da gardería non logrou o seu obxectivo. Vicepresidencia esixiu a suspensión temporal da actividade no módulo irregular pero o rexedor cambadés, Cores Tourís, négase a tal por entender que non se comete irregularidade ningunha. As pequenas melloras que se tiñan que levar a cabo están xa feitas en cumprimento coa petición feita por un inspector.

    As profesoras non ven motivo ningún para que se teña que suspender a actividade e néganse a que se faga discriminación entre os pequenos. Polo momento a gardería segue coa súa actividade a esperas de que se aclare dunha vez por todas toda a situación.

    Redacción Salnés